Unha vez máis, a Comunidade de Montes de Camposancos celebrou a actividade cultural Música e Palabras, desenrolada este venres 5 de abril.

Este acto vense repetindo dende o ano 2017 para gran satisfacción de todos os que senten algo de inquedanza pola literatura e a cultura en xeneral. Nel, de xeito espontaneo, os participantes poden dar a coñecer as súas obras, afeccións ou intereses nun ambiente relaxado e envolto nun veo musical.

A música é interpretada en vivo e coordinada coas intervencións que poden ser poéticas, declamatorias, satíricas ou teatrais. Os Participantes poden limitarse a escoitar ou intervir sen necesidade dunha programación.

A conclusión do acto os participantes foron convidados a uns petiscos e viño galego, ocasión ideal para estimular a conversa e o intercambio de ideas.

Sen dubida é esta unha actividade cultural democrática, popular e viva que ten poucos parangóns na comarca e do que a xunta reitora da comunidade de montes está moi satisfeita.