O pasado domingo, ás 19:30 horas, no salón da casa Cultural de Camposancos a Comunidade de Montes celebrou o “Día Das Letras Galegas”. Cun salón de Actos totalmente cheo de público se lembrou a Antón Fraguas.
O evento cultural estivo presentado por Lucía Martínez Diz. A súa ex alumna, Fátima Braña Rey falou da vida e obra de Antón Fraguas, pesoeiro que este ano se dedica o Día das Letras.
A Comunidade de Montes de Camposancos quiso, a título póstumo, adicarllo a Don José Luis Lomba Alonso, un home si ben que sendo natural da Guarda, decidiu casar cunha camposina e fixar a súa residencia na vila, involucrándose no día a día local.
Luis era mestre, secretario da agrupación Socialista de A Guarda, foi Secretario da Entidade Local Menor de Camposancos e logo Presidente. Foi músico e creou varios coros na parroquia, etc. Sobre él e as súas obras falou, o tamen Mestre e exalcalde de A Guarda, Don José Manuel Domínguez Freitas.
As notas musicales as puxo o Coro Cantares do Brueiro, dirixido por Tino Baz. Para rematar, a Xunta reitora da Comunidade de montes convidou ós asistentes a un viño bodega do Rosal «Terras Gauda» e a un apretivo.
