Este sábado, na Casa de Montes en Camposancos e co gaio do Día das Letras Galegas, a Comunidade de Montes homenaxeou a Ángel Armindo Martínez Sobrino (Lucho), capitán de fragata da Armada española na reserva e agora escritor e autor de dous libros, «Navegando con fuerte marejada» e «Camposancos, o camiñar dun pobo».

«Lucho «, como o chamaban seus pais e tal como é coñecido polos seus veciños, estivo arroupado e recibiu en vida o cariño e a gratitude do Pobo que o veu nacer e medrar, que por mor da vida tivo que deixar de mozo pero do que xamais se esqueceu.