Remitese informacion máis completa sobre a candidatura presentada para as eleccións da Xunta Rectora da Comunidade de Montes de Chandebrito (Nigrán) do vindeiro domingo dia 12 de agosto as 11:00 horas, aos efectos da sua publicacion durante esta semana.

A mesma está composta polos seguintes veciños da parroquia:

  • Pablo García Rial.
  • Jose Davila Alonso.
  • Carlos Gómez Costas.
  • José Manuel Costas Correa “Lilo”.
  • José Luis Ameneiro García.

O citado grupo de persoas que conforman a candidatura teñen experiencia na xestión de equipos de traballo, alguns deles xa desempeñaron postos directivos en agrupacións e comunidades e posúen coñecementos en materia de montes, medio ambiente, patrimonio cultural, obras comunitarias, administración, finanzas, etc.

A intención deste equipo é traballar pola restauración da paisaxe e a valorización do monte, investindo nel todo o que sexa necesario para que se convirta nun monte multifuncional de verdade, realizando as actuacións precisas para ter uns bos equipamentos e accesos no caso de catástrofes coma o dos lumes forestais, ainda que consideran necesario realizar unha auditoría de contas dos últimos anos.