Na súa liña de traballo a prol da recuperación das tradicións populares, a Asociación Cultural Centáurea organiza este sábado unha nova xornada de cantos de taberna en Gondomar.
O acto vai contar coa participación do grupo de canto popular do Centro Cultural de Peitieiros. O itinerario comezará ás 20:30 horas na Cafetería Keik e continuará ás 21:30 horas na Xamonería Catro Camiños.