O Auditorio Municipal de Nigrán acolle este venres ás 19:30 horas, no marco do ciclo ‘Camiño Adentro’ de mulleres artistas, a mostra de fotografía e videocreación ‘Gravidade e luz’, da nigranesa Carla Andrade (Vigo/Nigrán 1983).

O seu proxecto pretende retratar esta etapa atendendo ás peculiaridades inmanentes da cotidianidade deste lugar que tan ben coñece, xa que Carla medrou en Nigrán. Realizou residencias artísticas en Islandia, Suecia, Bilbao, A Rioxa, Nepal, Chile, Barcelona e París. Expuxo de forma individual no MAC da Coruña, en Citeina Internationale deas Arts de París, no Colexio de España en París, na Galería Trinta en Santiago de Compostela, no CDAN en Huesca, na Casa dás Artes en Vigo e na Fundación BilbaoArte, entre outros.

Camiño A Dentro é unha iniciativa promovida pola Deputación de Pontevedra que pon en valor o Camiño Portugués e o Camiño Portugués da Costa, recoñece o labor das mulleres artistas que poñen o foco do seu traballo no ámbito rural e no patrimonio, e propicia o encontro e a cocreación coa comunidade local e coas peregrinas e peregrinos que se atopan “facendo o Camiño”.