O Parador de Baiona xa luce unha parte da súa nova iluminación nocturna, que pon en valor o conxunto monumental. Os traballos continúan para alumear o conxunto da muralla.

Carlos Gómez Prado asegura que “esta nova iluminación exterior do Parador confirma o compromiso do goberno socialista de Pedro Sánchez con Baiona”.

“O pasado outono, os gobernos socialistas de Baiona e o Estado anunciamos un investimento de case sete millóns no Parador, un fito histórico con fondos europeos que xa está aquí”, engade o portavoz municipal socialista.

O proxecto inclúe a renovación das zonas históricas abertas a veciños e visitantes do Parador de Baiona, non só a iluminación da muralla, o que garante o futuro da fortaleza e do turismo local.

En concreto, actuarase na muralla; a torre da Tenaza; a entrada monumental; as bóvedas da recepción e a ermida.