Carlos Gómez Prado, portavoz socialista no Concello de Baiona, presentou aos veciños o proxecto xa rematado do novo Paseo Pinzón, en compañía dos concelleiros e concelleiras do PSOE.
Os socialistas lamentan que o actual alcalde, Jesús Vázquez Almuiña, «evitase unha inauguración oficial do Pinzón ao tratarse dunhas obras do anterior goberno local, rompendo así o respecto á xestion doutros alcaldes que era tradicional en Baiona«, comenta Gómez Prado.
Tras un investimento de 1.100.000 euros, dos cales a Deputación de Pontevedra aportou o 45%, os veciños de Baiona «xa desfrutan do novo Pinzón, máis accesible, humanizado e moderno».
«A remodelación do Pinzón era o comezo da transformación urbanística de Baiona que tiñamos planificada, despois dun mandato marcado pola pandemia e no que se abordou a transformación das políticas sociais e culturais”, explica Gómez Prado.
Os veciños presentas «eloxiaron o resultado final» e os socialistas esperan «un cambio de comportamento no actual goberno«, lembrando que «no pasado mandato inauguramos o Multiusos de Sabarís recoñecendo o traballo de Ángel Rodal”.
