O vindeiro sábado, 25 de maio, Baíña acollerá a “I Solidariquad” organizada pola Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís e que conta coa colaboración de «Galaicosquad Val Miñor». A actividade deportiva pretende a inclusión de persoas con diferentes discapacidades, físicas ou psíquicas.
O evento comezará ás 10:30 horas e contará coa participación dos mozos do Centro Juan María, San Rafael, Cogami, San Xerome, Apamp, Alento, Aspanaex, Amencer, San Francisco, Vontade, Exclavas de Mos, Fundacion Menela e Andaina de Redondela.
Pasarán un día de convivencia realizando actividades relacionadas co mundo do quad, facendo unha ruta pola mañá de 4 km, saindo do encoro de Baíña e pasando por pistas da mesma parroquia e Sabarís. Asimesmo, farase un xantar de convivencia de 14:00 a 16:00 horas.
Pola tarde, no exterior do Centro Cultural de Baíña, se entregará un agasallo a todolos participantes. Ás 17:00 horas podrán disfrutar das actuacions do paiaso Popín, o humorista Fredi Crujer e un grupo de gaitas.