O pasado sábado, no patio da escola de Guillufe de Morgadáns (Gondomar) alumnado, familias e profesorado xuntáronse para celebrar a xubilación da mestra de primaria Marila Suárez Amarelo.
Suárez desempeñou a súa labor docente na escola de Guillufe, que logo foi aula do CRA Antía Cal, durante vintecatro anos, e logo no CEIP Chano Piñeiro de Gondomar.
Deixóu unha forte pegada na comunidade educativa polo seu compromiso, paixón e iniciativa docente. Ademais da súa calidade emocional e afectividade incondicional que a fan merecedora do agarimo e ledicia que o sábado viviron todas e cada unha das persoas que asistiron á celebración.
