Banda de Música Popular de Tui

A Banda de Música Popular de Tui e a Banda de Gaitas Lembranzas da Terra de Guillarei, así como o grupo de baile de dita asociación celebran o Día das Letras Galegas cun concerto no paseo da Corredoira  de Tui este sábado ás 21:30.

Será un concerto no que participarán arredor de 100 persoas conxuntamente, no que se poderá escoitar clásicos da música tradicional galega, así como asistir a estrea de dous arranxos creados para dito concerto.