Óscar Pinto

Estimados veciños, dende a Asociación S. Xerome Emiliani de A Guarda nos diriximos a vostedes para poñer de manifesto unha situación gravísima pola que dúas persoas, Óscar e Sandra, con especiais dificultades de desenvolvemento, e despois de ter estado mais de dez anos no Centro Educativo S. Xerome Emiliani, se ven obrigados a quedarse nas súas casas dende setembro de este ano, por non dispoñer de praza concertada no Centro de Adultos desta Asociación.

Óscar e Sandra son persoas con diversidade intelectual que teñen grandes necesidades de apoio, e a súas especiais dificultades de desenvolvemento lles impiden levar unha vida normal de maneira autónoma.

En S. Xerome viven nun ambiente normalizado, onde participan de actividades inclusivas, estimulantes e atractivas para eles; se relacionan cos seus amigos e amigas, e teñen a posibilidade de desenvolver os seus intereses persoais, sociais e intelectuais, independentemente dos apoios que precisen.

Por outra banda, as súas familias -especialmente as súas nais- son coidadoras 24 horas de 24, e 365 días ao ano, das que 8 horas diarias, nas que os seus fillos estaban no Centro S. Xerome, eran as únicas das que dispoñían para descansar, coidarse e traballar.

Neste momento no Centro S. Xerome hai prazas dispoñibles, que poderían ocupar Sandra e Óscar, de non ser por temas burocráticos e de financiamento, que debe de resolver a Administración – Xunta de Galicia.

En outubro de 2019 presentamos unha moción nos Plenos dos Concellos da nosa Comarca do Baixo Miño, e acadamos o apoio unánime de todos os representantes políticos. A día de hoxe seguimos sen ter novas da Xunta de Galicia ao respecto, e Sandra e Óscar seguen nas súas casas.

A Xunta Directiva do San Xerome está valorando asumir directamente o custo destas dúas prazas (24.000,00 € anuais), a risco de poñer en perigo o resto dos Servizos que prestamos ás mais de 100 persoas usuarias e as súas familias. Esta aposta solidaria resultará realmente dificultosa, xa que na Asociación manexamos orzamentos moi axustados, e como o custe de maior contía é o de persoal, soamente poderá estar ao noso alcance ofrecer este Servizo adicional, a Sandra e Óscar, co persoal propio do que xa dispoñemos na Asociación.

Sentímonos realmente impotentes e limitados para dar unha resposta positiva a estas persoas e ás súas familias, sen os recursos para os que a Administración non nos da resposta.

Unha vez mais atopámonos cun sistema mesmamente “discapacitado” para dar resposta aos mais débiles da sociedade, e mentres que os mais fortes cada vez o son mais e mais e mais…. nada é, nin será, suficiente para saciar unha ambición que só se cura con solidariedade.

Desexamos que estas vindeiras festas de Nadal sexan verdadeiramente Felices para todos.