O BNG convoca a toda a veciñanza a unha charla informativa sobre os novos proxectos eólicos que pretenden instalar na Serra da Groba (Oia) e a súa afección ao concello de Gondomar.
Durante a reunión, que terá lugar este venres 27 de febreiro, ás 19:30h no Centro Veciñal e Cultural de Borreiros, a organización nacionalista fará unha exposición do grave impacto negativo que suporía a instalación dos catro parques proxectados, tanto no que respecta á zona de implantación na Serra da Groba, como no relativo ás liñas de evacuación da electricidade que en Gondomar discorren pola parroquia de Borreiros.
Así mesmo facilitará un modelo de alegación contraria a autorización administrativa e o estudo de impacto ambiental desas actuacións co obxecto de que a veciñanza as poida para presentar na Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático dentro do período de exposición pública que remata o vindeiro 18 de marzo.
Desde o BNG lembran a veciñas e veciños que “a afección destes parques vai máis alá de que os proxectos se implanten fisicamente no noso concello” dado que seu o impacto ambiental nun espazo natural como a Serra da Groba é crítico, supoñen unha ameaza ao patrimonio cultural e etnográfico e provocan un grave prexuízo a actividades económicas sostíbeis, forestais, gandeiras, apícolas e turísticas.
É por iso que, aínda que a charla se realice en Borreiros por ser a parroquia directamente afectada, chaman a participar á veciñanza toda.
