Este xoves, ás 20:00 horas, no Centro Neural de Gondomar (onde a Policía Local), impartirase unha charla informativa os timos no recibo da luz e a pobreza enerxética. A mesma está organizada por Manifesto Miñor-En Marea e será impartida polo deputado no Parlamento Galego, Pancho Casal.
A organización convida a veciñanza a que leven consigo os recibos da luz, que ademais de lle axudar a “descifrar” o seu contido, «poderán comprobar como exiten diferentes posibilidades legais para conseguir rebaixalo e que non nos rouben».
«Como reflexión de toda esta grandísima estafa, debemos ter en conta que mentres Galicia leva historicamente producindo e exportando electricidade con grandísimos custes sociais e medioambientais, resulta que a día de hoxe os gaelgos somos os que máis caro pagamos a corriente eléctrica de todo Estado«, afirman.