ALFREDO // Sede IEM en Gondomar

O vindeiro xoves 8 de febreiro, ás 20:00 H, o IEM acolle a charla- inauguración da exposición fotográfica “Donbass, a triste verdade”, sobre a catástrofe humanitaria no leste de Ucraína.

A exposición estará aberta ata o 9 de marzo e poderá visitarse todos os xoves e venres de 18:00 a 21:00 horas na sede do IEM, Avda. da Feira, 10 Baixo (Gondomar).

Organiza a exposición a asociación sen ánimo de lucro Blagoe Delo, dedicada a labores humanitarias para a poboación civil da rexións de Donbass en Ucraína.