Débora Iglesias

O vindeiro venres, ás 20:00 horas, o local do IEM Ponte de Rosas en Gondomar a oceanógrafa Débora Iglesias ofrecerá a charla «A ameaza invisible nos océanos».

Débora Iglesias-Rodriguez é xa unha coñecida no IEM, ademáis de nativa do Val Miñor, por ser unha oceanógrafa que traballa nos mecanismos que controlan a diversidade e a función nos ecosistemas mariños.

Licenciada na Universidade de Santiago de Compostela, doctorouse en Swansea, Reino Unido, en 1996 cunha tese sobre a utilización de carbono no fitoplancto. Foi posteriormente galardoada cunha bolsa NERC para estudar a diversidade xenética en coccolitóforos (Bristol Univ., Reino Unido) e unha bolsa da NASA para modelar a súa distribución mediante datos por satélite (Rutgers Univ., EUA).

Ata decembro de 2012, dirixiu un grupo de investigación no National Oceanography Center (Southampton, Reino Unido), centrado na bioluminescencia mariña e o efecto de Acidificación dos océanos no plancto mariño.