ALFREDO // Argazo en la costa de Oia

Este sábado, ás 19:30 horas, impartirase unha interesante charla en Corazón de Carballo de Tomiño baixo o título ‘As algas no ecosistema e na sociedade’, da man da doutora en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos Elena Balboa.

Elena Balboa responderanos a preguntas como:

  • ¿Qué son as algas, que funcións desempeñan no ecosistema?,
  • ¿Qué papel teñen na sociedade, como se empregan?
  • ¿Qué outras aplicacións alén do uso directo podemos pensar cando falamos de aproveimiento de algas?.

Elena Balboa Alfaya, doutora en Tecnoloxía dos Alimentos pola Universidade de Vigo, centra as súas investigacións na valorización de biomasa infrautilizada (restos de madeira, vexetais, prantas, algas, setas, residuos vexetais da industria alimentaria) mediante a obtención de ingredientes de alto valor engadido para uso alimentario, agrícola, cosmético, farmacéutico e alimentación animal.