Carmen Freiría, profesora do I.E.S Antón Alonso Ríos de Tomiño, ofrecerá un par de charlas informativas sobre o ciclo medio de Técnico en Instalacións de Telecomunicacións, que imparte o centro.

A primeira das charlas será o vindeiro martes, 18 de xuño, de 20.00 a 21.00 horas no propio instituto. A segunda e última, realizarase no Salón de Plenos do Concello de Tomiño, o mércores 19 de xuño, de 11.00 a 12.00 da mañá.

A finalidade destas conferencias é a de conseguir máis aspirantes a este módulo de formación profesional e desmitificar a imaxe de suma complexidade que o mesmo ten entre o alumnado e a sociedade en xeral, para o que a docente fará unha presentación axustada dos estudios a cursar e das saídas académiscas e profesionais do ciclo.