BANDALLO // Imagen de archivo de un incendio forestal en Baredo, Baiona

Nun comunicado de prensa enviados os medios, a CIG censura as afirmacións feitas pola máxima responsábel do operativo contra incendios forestais, a conselleira do medio rural, Ángeles Vázquez Mejuto, de que o Plan de Incendios Forestais de Galiza (PLADIGA) está activo na súa totalidade (operativo de 7.000 persoas) dende o día 1 de xullo, data na que deu comenzo a campaña de alto risco de incendios forestais.

Para a CIG, esta afirmación é totalmente falsa, xa que ata o día 14 de xullo os traballadores da empresa pública SEAGA destinados a labouras de extinción non deron comenzo a súa actividade laboral. Tampouco nos esquecemos das cuadrillas forestais contratadas polos propios concellos, que en moitos deles non teñen previsto facer contratacións polo feito das exixencias impostas pola propia administración autonómica e, que aínda así constan nos cadros de persoal do propio PLADIGA 2017.

A CIG pon en coñecemento da cidadanía que moitas das cuadrillas forestais da Xunta de Galiza están a traballar con un, dous ou tres componentes, feito que merma o operativo contra incendios, da mesma maneira que pon en risco a vida dos propios traballadores.

Esta escaseza de persoal nas cuadrillas deberá ser solventada mediante as correspondentes contratacións temporais, pero desgrazadamente non está sendo así, ollando pola nosa parte como os propios xefes de distrito deben buscar solucións o máis axeitadas posíbeis para non vér mermado o operativo no seu ámbito de actuación. Aínda así, están a producirse circunstancias no operativo contra incendios no que bombeiros forestais son incorporados xunto cos conductores de motobombas pola falta dun responsábel na cuadrilla forestal, deixando a súa zoa de actuación sen medios para combatir os incendios forestais, poñamos coma exemplo, o ámbito na provincia de Pontevedra (distrito forestal XVIII Vigo – Baixo Miño). Ésta circunstancia seica non é preocupante para o goberno galego, deixando polo tanto en máns dos incendiarios ó devenir do propio servizo contra incendios.

A CIG denuncia, polo tanto, a total improvisación por parte da Consellería do Medio Rural no despregue de medios humáns polos diferentes distritos forestais que integran o servizo contra incendios forestais da Xunta de Galiza. Ante este preocupante panorama e, coa apertura da campaña de alto risco no SPDCIF, dende CIG exiximos a inminente contratación de bombeiros forestais para paliar a diminuación de medios en moitos dos distritos forestais e desta volta aminorar os perxuizos que puidera producir os incendios forestais na comunidade autónoma galega.

A non contratación de bombeiros forestais para cubrir o amplo territorio galego e a tardanza na extinción dos incendios forestais que se puideran dar deberan tér unha resposta unánime dos galegos, polo que dende a CIG, en primeiro térmo poñemos en coñecemento da cidadanía da situación real do SPDCIF neste asunto e, logo rexeitamos ó xeito de actuar por parte dos responsábeis en política forestal non poñendo en marcha medidas encamiñadas en mantér un dispositivo contra incendios perfectamente ensamblado e sen fixuras.