Este mércores tivo lugar no CPI Suárez Marquier do Rosal, o “Encontro con profesionais”. Esta actividade está organizada pola Concellería de Educación dentro das accións de formación e orientación que ven realizando.

A alcaldesa, Mª Carmen Alonso Alonso, asistiu ao inicio do acto e felicitou ás cinco mulleres participantes, todas elas grandes profesionais do seu sector.

Nesta ocasión foron invitadas mulleres que desempeñan o seu labor profesional en sectores tradicionalmente masculinos, como Eva Baz, arquitecta e representando ao sector da construcción; María Silva, do departamento de ventas, e Gloria Rodríguez Pacheco, inxeñeira, ambas as duas na empresa Mecalia do sector do metal; Almudena Verde, armadora de buque de pesca no sector do mar; e Estefanía Suescun, exmilitar e conductora de autobús polo sector do transporte e corpo militar.

As participantes contaron que se por ser mulleres teñen que demostrar máis que un home, se a conciliación familiar é fácil ou se a formación complementaria debe ser continua. A importancia dos idiomas na contorna laboral e se o traballo en equipo é fundamental para o éxito profesional.

Preto de 60 rapaces e rapazas escoitaron as experiencias persoais destas cinco profesionais e ao término fixeron preguntas relativas ás súas exposións. Esta actividade anual que comenzou no ano 2016 e conta cun enorme éxito entre a comunidade educativa.