DNI
DNI

A partires do vindeiro luns, 3 de xuño, xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondentes aos derradeiros meses do ano.

A apertura do prazo para a solicitude de novas citas nos meses setembro, outubro, novembro e decembro ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo comezarán o luns de xeito presencial de 8:30 a 14:00 horas na Casa dos Alonsos e a partires do 4 de xuño, de xeito telefónico, no 986 61 0000 nas extensións 1 e 2.

Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web Cita Previa DNI.