Este sábado o colectivo Rexeneración Autóctona Val Miñor plantou mais de cen árbores nos montes de Couso, nas ladeiras do Monte do Facho. Unhas trinta persoas se sumaron á plantación na parcela cedida para reforestar con árbores autóctonas que foron aportadas polo colectivo: carballos, castiñeiros, acivros,loureiros, abeleiras.
Xosé Antón Araúxo, presidente da Comunidade de Montes de Couso acompañou aos representantes a unha visita onde lles explicou as iniciativas que están a levar adiante: plantación de froitos vermellos, planta de produción de sitake e explotación alternativa de madeira.
Neste espazo o comando Ghichas recolleu tamén sinaturas para a Iniciativa Lexislativa Popular na Defensa do Bosque Autóctono e a loita contra os incendios forestais, campaña iniciada o pasado 20 de decembro pola plataforma “Cousa de Raíces” a iniciativa do grupo ecoloxista ADEGA.