Hoxe tivo lugar a apertura do curso de Auxiliar de Almacén en Tui enmarcado dentro do Programa Emprego Inclusivo, promovido pola Deputación de Pontevedra e impartido pola Fundación Érguete en colaboración co Concello de Tui.
O acto celebrado no Centro Municipal de Formación do Concello de Tui (Guillarei) ás 12.30h, foi aberto polo Vicepresidente da Fundación Érguete-Integración, D. Rubén Cagiao Avendaño, que expresaba que “esta formación está pensada para que en el futuro os incorporéis a un puesto de trabajo. A partir de ahora nos vais a representar”, comentaba.
Tamén interviñeron na presentación, D. Roberto Álvarez Carrero, Deputado de Cooperación Transfronteiriza e Relacións Institucionais da Deputación de Pontevedra, D. Enrique Cabaleiro González, Alcalde do Concello de Tui e Dª Ana Núñez, Concelleira de Emprego e Comercio, que insistiron na importancia de programas coma este que detecten as necesidades das persoas e contribúan a súa incorporación ao mercado laboral.
O curso de Auxiliar de Almacén, contará con 12 participantes en situación de desemprego e terá unha duración de 190 horas. Impartirase o módulo específico de formación en auxiliar de almacén, manipulación de alimentos, carretilla elevadora e competencias transversais, ademais das prácticas non laborais en empresas.
A finalidade do proxecto Emprego Inclusivo é mellorar a empregabilidade das persoas que se atopan en risco ou situación de exclusión social, de xeito que poidan incorporarse ou volver ao mercado laboral, desde un enfoque de empoderamento da persoa e o desenvolvemento das súas competencias

