Este venres póñense en marcha as visitas guiadas gratuítas ao conxunto histórico de Tui, centradas este ano no patrimonio xudeu.
Realizaranse os venres, sábados e domingos ás 20:00 horas con saída dende a Oficina de Turismo, na praza de San Fernando, cun percorrido pola xudería tudense con lugares coma a Sinagoga, a Casa de Salomón, a menorá da Catedral, entre outros elementos. Será conducida polo historiador tudense Suso Vila.
Amais, dende a próxima semana os martes e xoves ás 20:00 horas, haberá visitas guiadas ao Museo Diocesano, na praza do Concello, onde se poderán admirar os Sambenitos, pezas únicas no mundo.
