Gran encontro o que presenciaron os siareiros de Xinzo e Gondomar no Eido D´Albo, que respondían á chamada do conxunto local para presenciar o partido ante un histórico. Catro goles de Rafa e dous zarpazos locais, foron os protagonistas.

Na primeira metade os gondomareños controlaron o encontro ante un rival con empuxe, que tentou facer dano saíndo á contra, algo que evitou moi ben a zaga do Gondomar, que remataban todas as xogadas, e conseguiron dominar dende atrás. O poder no medio do campo foi total, e esa comodidade plasmouse no verde, onde as ocasións sucedíanse.

Así, nunha falta algo escorada, Rafa puxo o que sería o primeiro dos seus catro goles. Pouco máis tarde ampliaría diferenzas culminando unha boa xogada de ataque. O equipo local recurtaría diferenzas merced a un gran golpeo de falta directa, co que chegaría o tempo de lecer con vantaxa para os miñoranos.

Na segunda metade a superioridade visitante foi máis notoria, Rafa volvería a aunmetar diferenzas e unha indecisión na saída de balón provocou que tras un roubo, os de Ponteareas recurtasen diferenzas. Así e todo os gondomareños tiraron de oficio, e un penalti provocado por Mario Fernández aproveitouno Rafa para facer o 2-4 definitivo.

A vindeira semana o Gondomar voltará Ás Gaiandas para medirse ao San Estéban.