ALFREDO // Plaza de Abastos de Gondomar

Unha vez coñecido o informe do Secretario Muncipal, no que se corrobora que o proceso era correcto e que non había razón legal para a suspensión do mesmo; a Concellaría de Comercio volverá a poñer en marcha, agora por imperativo legal, o proceso de regularización dos postos da Praza de Abastos para rematar coa situación en precario dxs paraceirxs alí instaldos” declara Xosé Antón Arauxo, concelleiro de turismo e comercio .

Arauxo tamen expón que “se procederá a reanudar a licitación dos postos baleiros tan pronto se resolvan os recursos presentados. O Concello de Gondomar precisa poñer orde canto antes no seu mercado de abastos, como ferramenta imprescindible para dinamizar as relacións comerciais e de consumo dos seus veciños, e tamén como unha peza clave na economía local”.

Se non se houbese paralizado o procedemento, a día de hoxe Gondomar tería resolto un problema que se arrastra dende hai décadas. Hoxe, tanto os actuais praceiros, como os novos licitantes, estarían todos cubertos pola legalidade, terían seguridade xurídica nos seus negocios, e estabilidade laboral” afirma o cencelleiro.

O Grupo Municipal de Manifesto Miñor expica que ”contamos cun estenso e fundamentado informe xurídico emitido polo profesor titular de Dereito Administrativo da Univ. da Coruña, Carlos Ayumerich Cano, que coincidindo no fundamental co da Secretaria Xeral do Concello, fai fincapé: O único título válido para a ocupación legal dos postos do mercado municipal é a concesión demanial, outorgada a través dun procedemento público, aberto e competitivo.. E que esta regularización ten, como data límite, o 8 de marzo de 2018, día en que se cumpre o prazo de cinco anos fixado.”

Arauxo remata decindo que “é vontade desta Concellaría volver a licitar canto antes os postos da Praza de Abastos, tan pronto se resolvan os recursos das persoas que se presentaron á licitación, seguindo o mandato imperativo da Lei, e que recollen os informes xuridicoss citados. Isto é: a través dunha concesión, previa a un concurso público, libre, e en igualdade de condicióans para todos os licitantes”.