A Asamblea Veciñal polo Transporte convoca unha concentración que terá lugar este sábado 17 de decembro, ás 11:30 horas, na Praza da Paradela en Gondomar, en contra da eliminación de paradas do transporte metropolitano en Vigo.
Diante da posibilidade de que se pretenda suprimir paradas de autobuses que trasladan os veciños de Gondomar a Vigo, con motivo da posta en funcionamento da nova estación intermodal, a Asemblea Veciñal polo Transporte convoca á veciñanza a actuar para evitalo.
