Con motivo do Día Internacional da Muller o persoal da Casa Consistorial non atenderá ó público no horario de 12:00 a 13:00 horas, excepto o Rexistro de Entrada e realizarase unha CONCENTRACIÓN, para toda a cidadanía, ás 12:00 horas na Praza do Calvario coa lectura dun manifesto para reclamar a igualdade real de oportunidades e dereitos entre homes e mulleres.

Dende o Concello convidan a tódolos veciños e veciñas a que se acheguen para conmemorar o venres, día 8 de marzo, o Día Internacional da Muller, como un acto reinvidicativo para concienciar sobre a importancia da defensa en igualdade, da ausencia total de discriminación por razón de sexo ou por calquera índole e en contra de todo tipo de violencia que afecta as mulleres polo mero feito de selo.

Seguindo coa conmemoración deste día durante todo o mes de marzo e de abril levaranse a cabo unha serie de actividades:

Exposición de fotografías antigas: Mulleres na historia. Nesta ocasión a temática é “O Rosal, a nosa costa”.

Sufragistas: Proxección da película protagonizada por Meryl Streep que trata o tema da consecución do voto feminino no século XX. 16 de marzo no Auditorio Municipal.

Xoguetess non sexistas: Taller a cargo dunha educadora que traballará coas familias e os/as máis pequenos/as alternativas de ocio en igualdade.

Outras formas de querer: Obradoiro levado a cabo no mes de marzo e abril cos grupos de 1o da ESO do CPI Manuel Suárez Marquier no que se traballará o tema das relacións de parella entre mozos e mozas na adolescencia.

Encontros con profesionais: 5 mulleres profesionais da nosa contorna falarán sobre a súa experiencia laboral ao alumnado de 4o de ESO.

Contacontos: “Mulleres galegas” na Biblioteca Municipal para nenos e nenas. Sábados 30 de marzo, 5, 13 e 27 de abril.