Conservatorio Música de Gondomar
Archivo

Este mércores, ás 19:00 horas, terá lugar o tradicional concerto de Nadal do Conservatorio de Música de Gondomar, no que darán peche ás celebracións adicadas ao seu 35 aniversario, que tiveron lugar durante o ano 2018.

Tamén aproveitarán a ocasión de convidar a todos os asistentes a contribuir coa recollida de alimentos que se fará no acceso do auditorio, unha entrada simbólica en prol dos mais necesitados do concello.

No concerto participarán alumnas e alumnos de tódalas especialidades con intervencións de conxuntos, e pecharán o acto o coro e orquestra do centro. A actividade está organizada pola Concellería de Cultura, dirixida por Nuria Lameiro.