Pelepau
Pelepau

Dentro do ciclo «O Son da Praza», o Concello de Tomiño ofrece este venres, a partir das 22.30 horas, un novo concerto para todos os públicos.

Trátase da  Agrupación Musical de Goián, que actuará acompañada do grupo de música tradicional Pelepau e a súa percusión nun concerto moi especial bautizado coma «Pelepau Sinfónico». Un espectáculo gratuito de gran calidade, cheo de sorpresas e colaboracións.