Concerto de “Collón da Lola” con versións do “Xabarín Club” en Randufe
O grupo "Collón de Lola"

O bar Pancho, en Randufe, Tui, acollerá este venres, ás 22:00 horas, o concerto do grupo “Collón de Lola”, con versións en directo de temas do “Xabarín Club”.

Quen viviu a partir dos 90 en Galicia non entende o mundo sen o Xabarín Club. No 25º aniversario do porco espín máis popular desta parte do mundo, o grupo «Collón de Lola» vai ao bar Pancho a revivir con toda a súa enerxía as bandas sonoras dunha época. E ti, xa es do clube?