A Asociación Cultural Betún, foi fundada co propósito de programar actividades culturais e potenciar e revitalizar a Zona Monumental de Tui.
Deste xeito, a asociación coa colaboración de Estrella Galicia, convida a todos os veciños da Zona Monumental en particular, e de Tui en xeral, ao concerto de fin de ano, que terá lugar no local da Asociacion este sábado 30 de decembro, a partir das 19:30 horas, con entrada de balde para socios.
A idea inicial, era facer o concerto na Praza de Frómista, coa colaboración da Concellería de Ensino e Cultura e a Concellería de Patrimonio do Concello de Tui, como noutras ocasións, cousa que non será posible debido a predición meteorolóxica para o sábado, polo que vémonos na obrigación de trasladar o evento ao local da Asociación, en rúa Cuenca no 82, xunto á Praza de Frómista.
O local da asociación encherase con música da man das increíbles voces de Mistura Vocal e o swing elegante de The Swinging Flamingos. Haberá ambientación musical antes e despois dos concertos. Tamen habrá viños de Vimbio, ademais do chocolate quente tan propio destes días. Unha oportunidade diferente de gozar da zona vella de Tui.
As portas abriranse ás 19:00 horas e os eventos comezarán a partir das 19:30 horas con Mistura Vocal para despois dar paso a actuación de The Swinging Flamingos.