Os Meninos

Este sábado, ás 21:00 horas, a comunidade de montes veciñais en man común de Camposancos organiza o concerto que ofrecerá o trío “Os Meninos”, para iniciar as actividadas culturales da tempada de inverno na vila que serán mui variadas.

O concerto, si o tempo o permite, será no patio da Casa Cultural da CMVMC de Camposancos e en caso de Choiva no salón de actos.

Os Meninos

Trío galego que se forma na cidade de Vigo no ano 2016. A formación está integrada pola cantante Madalena Gamallo e os guitarristas Roberto Marqués e Iván Barreiro.

A súa proposta musical é una clara ollada cara o país veciño, Portugal. É o idioma e a riqueza musical que ofrece este país a base sobre a que, Os Meninos, desenvolven toda a súa creatividade e sensibilidade.

Tradición e modernidade, o fado e o jazz, o flamenco, o tango ou o reggae, danse a man para colorear creación propias e cancións da música portuguesa máis actual.