Esta fin de semana a Axenda Cultural de Primavera Tomiño dános a oportunidade de gozar en vivo e en directo de Pelepau; un concerto de dez percusionistas para defender o poder da percusión como xeito de expresión artística.
Alén diso, hoxe ábrese o prazo de inscrición para o curso de creatividade visual para fotografía e vídeo e para o curso de escalada.
Curso creativo de fotografía e vídeo:
A imaxe dixital, a fotografía e o vídeo supoñen un amplísimo campo de experimentación. Con cámaras dixitais, réflex ou do móbil e con software moi sinxelo crearanse imaxes mesturando técnicas fotográficas, de vídeo e animación.
É preciso que cada participante conte cunha cámara e un ordenador. O curso será impartido por un licenciado en Comunicación Audiovisual cun Máster en Creación, Desenvolvemento e Comercialización de Contidos Audiovisuais e Multimedia.
- Venres de 19:00 a 21:30 horas. A partir de 12 anos. Aula CEMIT. Inscrición 10€.
Curso de escalada:
Curso de formación para a iniciación de escalada en rocha impartido por un formador técnico e tres persoas monitoras de escalada. Máximo 20 persoas, para persoas adultas e nenos dende os 6 anos.
O prezo do curso (15€) inclúe todo o material de protección individual, cordas e pés de gato, así como un seguro.
Será desenvolvido na Serra D’ Arga (Portugal) nun entorno natural de gran beleza.
- Sábado 20/04 de 11:00 a 19:00h.
- A partir de 6 anos.
- Serra D’ Arga (Portugal). Punto de encontro. Inscricións.