O Mercado Municipal de Tomiño acolle este sábado, ás 20:00 horas, o concerto do dúo Raiceira. O acto será de balde.

Raiceira é un proxecto que nace da idea de reinterpretar melodías populares extraídas da tradición oral galega. O dúo formado por Sabela Vázquez (cello) e Carme López (voz, percusións e gaita), busca alcanzar un son particular e diferente, onde se mistura unha parte máis tradicional, enmarcada na voz e as percusións de man, con outra  máis alonxada do popular, resultado das harmonías que aporta o violonchelo.