A Agrupación Musical de Goián logra o premio á mellor interpretación dunha obra de temática galega
Agrupación Musical de Goián

Este sábado, ás 20:00 horas, no auditorio de Goián terá lugar o concerto preparatorio da Agrupación Musical de Goián, dirixida por Pedro Villarroel, para o XIII Certame Galego de Bandas de Música Populares, que se vai celebrar unha semana máis tarde no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. A Agrupación interpretará a creación «Lobo de Río, de cadro de Antonio Fernández» do compositor goianés Andrés Álvarez.

O pintor Antonio Fernández (1882-1970) desenvolveu ao longo da súa vida unha interesante obra pictórica que levou a cabo entre as cidades de Santos (Brasil), Antícoli (Italia) e o seu natal Goián. Foi neste último lugar onde, xa na súa etapa artística final, pinta o retrato do “Tío Cila, Lobo de Río” (década de 1950). Este importante lenzo, predilecto do propio autor, plasma ao tío Cila, veciño de Goián, ao terminar unha xornada de pesca no río Miño. O poema sinfónico LOBO DE RÍO describe o punto de vista do compositor e a mensaxe que o lenzo lle transmite.

Por segundo ano, a Agrupación Musical de Goián prepara como obra libre no Certame unha composición de Andrés Álvarez que, ademáis, tamén vai participar como trompetista, tanto no concerto deste sábado como no Certame Galego o 3 de novembro. Nel tamén se vai interpretar a obra obrigada «Memorias da Gallaecia» de David Rivas.