O monumento na Volta da Moura en Guillarei, obra do artista Marcos Escudero, que lembra aos veciños fusilados polo franquismo en xullo de 1936 apareceu rachado e con pintura verde sobre os nomes das víctimas.
Os nomes dos homenaxeados son Arturo, Antonio, José Juan, Nemesio, Víctor,Ramón, José ,Saturnino e Joaquín todos eles asasinados a mans do fascismo hai 81 anos na Volta da Moura.
O BNG de Tui e Galiza Nova condenan este acto fascista e sinalan que constitúe , non sounha falla de respeto ás víctimas homenaxeadas, ás suas familias e veciñ@s, senón tamén un ataque intolerábel á memoria de quen loitou e deu a súa vida pola democracia.
