O conservatorio de Música de Gondomar celebra o fin de curso cunha serie de concertos e conferencias, dando o peche definitivo a este curso lectivo. Hoxe terá lugar a última conferencia sobre a Visión da Muller no Arte que impartirá o Catedrático en Etnomusicoloxía e Doutor en Comunicación e Audiovisual Roberto Relova. A conferencia, que versará sobre a publicidade, cine e ópera, baixo o título de «Mulleres! Protagonistas do S.XXI», terá lugar ás 19:00 horas no Auditorio Lois Tobío.

Mañán día 5, terá lugar o Concerto de fin de curso no que participarán os alumnos do conservatorio de coro e orquestra. Terá lugar a presentación oficial do mural deseñado por Irene Silva Xiráldez e realizado coa colaboración dos alumnos do centro, e o concerto de tres contos musicados coa colaboración de Espazo Lectura e o grupo xuvenil de teatro Pritis Guomis dirixidos por Lola Correa.

Por último, o xoves será o concerto dos alumnos finalistas de 4º curso do grao elemental de tódalas especialidades. Todos os concertos celebraránse no Auditorio ás 19:00 horas, con entrada gratuita ata completar aforo. Tódalas actividades están organizadas pola Concellería de Cultura, dirixidas por Nuria Lameiro, e cofinanciadas pola Deputación de Pontevedra.