ALFREDO // Feijóo y la alcaldesa de Oia Cristina Correa

O Comité Executivo do Partido Popular da provincia de Pontevedra deu luz verde á celebración, o próximo 15 de decembro do V Congreso Local, no que terán dereito a voto os case 250 afiliados do PP de Oia.

A Directiva provincial aprobou ademais o Regulamento que rexerá todo o relativo á organización e funcionamento do Congreso así como os membros que forman parte da Comisión Organizadora: Teresa Álvarez Crespo, José Albino Diego Peleteiro e Carmen María Estévez Adrover.

Esta Comisión será a encargada de coordinar, impulsar e dirixir todos os aspectos organizativos do Congreso ata que comece a celebración do mesmo, que asumirá esas competencias a Mesa do Congreso.

Todos os afiliados do PP de Oia que aspiren á presidencia do partido terán ata o 5 de decembro para presentar por escrito a súa precandidatura ante a Comisión Organizadora e poder ter así acceso ademais á documentación relativa ao Congreso.

A candidatura deberá ir acompañada por un mínimo de 45 avais, no modelo aprobado ao efecto pola Comisión. O prazo para a presentación de avais remata o 13 de decembro.

Tanto para ser candidato como para poder avalar ou votar no Congreso será necesario, tal e como recollen os estatutos do partido, figurar inscrito no censo de afiliados.