O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, ás 21.30 horas, a representación de “A compañeira de piso” da man de Contraproducións.

Trátase da primeira adaptación da obra por Jen Silverman, fóra dos escenarios norteamericanos. Está dirixida por Belén Pichel e Cándido Pazó e realizada en coprodución co Centro Dramático Galego.

As actrices Patricia Vázquez e Rebeca Montero dan vida a dúas mulleres, completamente diferentes, que comparten casa. Sharon, interpretada por Patricia Vázquez, é unha ama de casa de cincuenta e pico anos que tras divorciarse publica un anuncio para compartir a sua casa no corazón do rural de Iowa.

Responde ao súa oferta Robyn, a quen da vida Rebeca Montero, que é completamente diferente a ela: lesbiana, vegana, chegada do Bronx… esta comedia aborda a capacidade de reconducir o tren da propia vida e o que sucede cando este descarrila.

Contraproducións é unha empresa galega dedicada á creación e distribución de espectáculos escénicos, conducida por Cándido Pazó, autor e director teatral, e Belén Pichel, xefa de produción.

As entradas están á venda en www.culturatui.info até o venres ás 12:00 horas ou o venres dende ás 20:00 horas no despacho de billetes aos prezos de 6€ e 5€.