Dende a Concellería de Igualdade do Concello de Baiona convocan á toda a veciñanza o vindeiro martes 17, ás 18:30 horas, a un grupo de traballo que terá lugar no Multiusos Ángel Bedriñana, para elaborar material que será utilizado na manifestación do venres 20 de setembro.
A idea do grupo de traballo é facer protectores violetas para candeas e carteis, ao mesmo tempo é una oportunidade para activar o movemento social e implicar á veciñanza nos acontecementos da Vila.
“Por desgraza esta cita volve darse por mor da violencia machista que se viu incrementada este verán, acadando unas cifras desgarradoras. Sairemos a rúa para reclamar máis medidas para a loita contra a violencia de xénero. Queda evidenciado que as que existen non son suficientes”.