O Concello de Baiona adheríndose á Semana Europea da Mobilidade vai cortar ó tráfico de vehículos a motor as rúas: Carabela la Pinta, Ventura Misa, Conde, Do Reloxo, Xogo da Bola, Lorenzo Carrera, San Xoán, Diego Carmona e Camiño Entrehortas. Será este domingo 22 de 10:00 a 19:00 horas.
Esta acción realízase ca intención de invitar ós cidadáns a modificar os seus hábitos de desprazamento e buscar alternativas ó vehículo privado, buscando unha mobilidade sostible.