A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, acompañada do alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, recibiron as explicacións da xefatura territorial de Costas sobre a actuación de urxencia que van a acometer na praia de A Lamiña en Camposancos.
A praia, tal e como puido comprobar a propia subdelegada persoalmente, está sufrindo unha erosión do Río Miño que pode chegar a provocar a desaparición de todo o areal e incluso que o río se adentre no piñeiral cercano nunha zona con catalogación de Rede Natura.
Esta actuación de urxencia, que desenvolverase nos próximos días, vai crear un dique duns setenta metros de longo conformado por pedras de dous mil quilos sobre unha cuberta de xeotextil. O orzamento da actuación achegase aos 130.000 euros e vaise facer pola empresa Tragsa rematando o próximo 20 de novembro.
Maica Larriba comprobou xunto co alcalde de A Guarda a situación na praia onde varios árbores atópanse a piques de caer a auga ao quedar as súas raíces o aire polo efecto da auga que vai eliminando a area da praia e do sistema dunar con que goza Camposancos. A subdelegada mostrou a súa satisfacción por esta actuación de urxencia, que conta coa autorización dos servizos de medio Ambiente da Xunta e do Goberno portugués, mentres rematase coa redacción do proxecto definitivo de actuación integral neste marxe da beira do río Miño.
Esta actuación demorouse no tempo pola necesidade de contar con todas as autorizacións pertinentes ao tratarse dunha zona en Rede Natura e tamén por ter incidencia na liña de fronteira con Portugal. De feito, Larriba quixo transmitir o seu agradecemento as autoridades do país veciño pola a súa axilidade a hora de conceder a autorización.
Antonio Lomba, Alcalde da Guarda, valorou moi positivamente o inicio destas actuacións, que permitirán reducir o impacto do deterioro do litoral deste emblemático e visitado espazo do municipio como é a Praia da Lamiña e a do Muíño. Unhas actuacións moi demandadas que, aínda que se trata dunha escolleira provisional, protexerá o impacto sobre este litoral de xeito inmediato ata que se execute o proxecto definitivo, agradecendo tamén a implicación de todas as administracións con competencias neste espazo natural de importante valor medioambiental.