Igualdade abre o prazo de inscrición para participar no curso de defensa persoal e auto capacidades , dirixido a mulleres, para a prevención de situacións de violencia machista.
O curso desenvolverase o sábado 14 de setembro e o sábado 28 de setembro en horario de 9:00 a 13:00 horas. Aquelas mulleres interesadas en participar deben inscribirse no centro municipal de información á muller, sito na rúa Dolores Agrelo, na primeira planta do centro socio comunitario da xunta , de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
A actividade gratuíta, é ofertada pola Administración autonómica, a través da Secretaría Xeral de igualdade, xunto con Fegaloita aos Concellos da comunidade que forman parte da Rede de Concellos contra a violencia de Xénero, na que está integrado o Concello de Baiona.
É unha das medidas a desenvolver por parte do Concello de Baiona, integrada na área “Violencias de Xénero: Loita contra as Violencias de Xénero” do IV Plan Municipal de Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2019-2020. Para máis información poden contactar no CIM , no teléfono 986 35 75 52 /54.