ALFREDO

A Deputación Provincial de Pontevedra informa do comezo dun curso de hortofruticultura sustentable no concello do Rosal.

O curso, presencial e totalmente gratuíto, realizarase no mes de xuño nas seguintes datas:

  • Curso de hortofruticultura sustentable. Días 18, 19, 20, 21, 22, 25 e 26 en horario de mañá.

Esta acción ten unha duración de 30 horas, das cales 10 son prácticas. Vai destinada a persoas desempregadas e está encamiñada a formar o alumnado en materia de hortofruticultura, sumando así valor engadido á actividade agroalimentaria e fomentando o emprego neste tipo de agricultura sustentable co medio.

Esta acción está enmarcada dentro do proxecto “Depoverde”, cofinanciado polo programa “Empleaverde” do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.

Este programa é unha iniciativa da Fundación Biodiversidade para o impulso e a mellora do emprego, o emprendemento e o medio ambiente, e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo “Emprego, Formación e Educación 2014-2020”.

Máis información:

Correo-e: depoverde@depo.es

Teléfono: 886 210 725