Manifesto Miñor organiza un curso oficial de manipulador de alimentos destinado a toda a cidadanía de Gondomar e do Val Miñor.

O curso, que ten unha taxa de inscrición de 10€ por persoa, comezará unha vez se teñan inscritas un mínimo de 15 persoas e desenvolverase nalgún espazo público que se concretará proximamente. As prazas cubriranse por orde de chegada das solicitudes.

As persoas interesadas deberán enviar un correo electrónico ao enderezo manifestominhor@gmail.com indicando o seu nome e apelidos, DNI, e-mail e teléfono para contactar con elas.