Archivo

A Deputación de Pontevedra, xunto á Deputación de Zaragoza como entidade colaboradora, organiza desde este mesmo mes “Depoapicultura”, un curso formativo que se impartirá no Rosal e cuxo obxectivo xeral do proxecto é o de mellorar a empregabilidade no sector apícola, sobre todo, de aquelas persoas con dificultades de acceso ao mercado laboral.

O proxecto, encadrado na convocatoria “Empleaverde 2018”, desenvólvese en zonas rurais da Rede Natura das provincias de Pontevedra e Zaragoza da Rede Natura e irá destinado a todas as persoas interesadas en traballar no sector ou comezar a súa actividade apícola.

A través deste curso, impártense accións formativas, presenciais e mixtas, nas que a apicultura moderna e sustentable será o eixo central. Con este proxecto preténdese capacitar ás persoas interesadas para a posta en marcha e mantemento dunha explotación apícola moderna, informando sobre as posibles orientacións produtivas, fomentando novas vías de xestión e comercialización, mediante o emprego de novas tecnoloxías.

Este proxecto, que arrancou este mes de novembro, está ultimando a preparación do contidos dos diferentes módulos para que en febreiro poida dar comeza as clases que, de maneira presencial.