A concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, propón un curso de Operacións Básicas de carnicería e charcutería.

A industria alimentaria ten gran presenza na nosa contorna e formar a mocidade neste ámbito pódelles abrir portas de cara a súa inserción laboral.

Adquirirán os coñecementos básicos para o despece vacún e porcino, a fabricación de produtos frescos e curados, coñecemento de produtos aditivos alimentarios, seguridade e hixiene.

O curso será de 50 horas de formación teórico-práctico e oito horas mais na que recibirán unha formación transversal dun módulo de orientación laboral a través dun taller práctico onde se lles amosará como deben adaptar o seu currículo aos postos do sector da industria alimentaria e outro de Igualdade. Comezará o 27 de maio e rematará o 13 de xuño, en horario de tarde.

O prazo de inscrición do curso é do 2 ao 22 de maio. Dirixido con preferencia a mocidade de 18-35 anos, desempregada e do Concello de Gondomar. Para formalizar a inscrición cubrir anexos ( paxina web concello de Gondomar e OMIX) e entregalos no rexistro do Concello durante ese período de inscrición. Para máis información chamar ao 986.369.746 .