A Concellería de Igualdade, a través do Centro de Información á Muller (CIM) e baixo o goberno da concelleira Nuria Lameiro Valverde, puxo en marcha, unha vez mais, o campamento urbano Gondoverán cofinanciado pola Deputación de Pontevedra.

Gondoverán é un campamento de lecer e tempo libre para fillos de familias traballadoras, ademais dunha Medida Municipal de Conciliación de Promoción Autonómica, validada como tal pola Secretaría Xeral de Igualdade no 2012.

Polo tanto, o seu obxectivo é o de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante o mes de xullo en horario de 9:00 a 14:00 horas con posibilidade de 8:00 a 15:00 horas, ao tempo que se potencia o desenvolvemento integral do neno a través dunha programación que combina o xogo con actividades creativas, culturais e coñecemento do entorno próximo, dende unha pedagoxía do lecer baseada na educación en igualdade e hábitos saudables.

Están a desfrutar 100 prazas para rapaces nados entre os anos 2006 e 2016 e cuxos proxenitores son persoas traballadoras en activo (por conta allea ou propia).