Dakidarría

A Comisión de Festas de Priegue anuncia un novo evento cultural que promete ser un día inesquecible. En conmemoración do día das nosas letras, organiza un día completo de actuacións musicais e actividades para deleitar aos veciños e visitantes da parroquia.

O Torreiro de Priegue será o escenario que acollerá esta proposta de lecer o vindeiro sábado 18 de maio a partir das 12:00 horas. O festexo dará comezo co recital de poesía da homenaxeada este ano, Luisa Villalta, a cargo da Asociación Cultural Lucenza-Ateneo de Nigrán. A actuación central do evento será ás 13 horas cun acústico do grupo de orixe miñorano Dakidarría, que fai un oco na súa apertada axenda para celebrar este día na parroquia do seu primeiro vocalista e guitarrista, Gabri. Ás 16:00 horas actuará o grupo de gaitas “Malas Herbas” de Camos e a partir das 20.30 horas será a quenda do artista baionés San Eskalera.

A partir das 17:00 horas celebrarase un torneo de futbolín con premios para os 3 primeiros clasificados, as inscricións poderanse facer no mesmo día ou no tlf 697 54 11 43.

Ademais da oferta cultural a comisión dispoñerá dunha barra con bebidas e choripán e fará sorteos durante todo o día. A churraría “La Eulogia” poñerá o toque doce do evento co seu posto de churros.